Posts filed under ‘Taller de escritura’

UNIDADE DIDÁCTICA: O CONTO DE MEDO

RECORDA QUE:

O conto é unha narración breve (oral ou escrita) na que se relata unha historia real ou ficticia que lle sucede a uns personaxes  nun lugar en un tempo determinado.

Ten tres partes:

  • Presentación ou marco.

É a parte onde se indica o lugar e o tempo en que se desenvolve a acción e se presenta a algún dos personaxes. Adoita estar ao principio do relato.

  • Trama ou nó.

É o conxunto dos feitos que lles acontecen aos  personaxes. Iníciase cunha situación problemática que desencadena a historia.

  • Desenlace ou resolución do problema.

É a solución á situación conflitiva que aparece ao principio da trama.

 Agora vas transformarte nun escritor de contos de medo. Para iso terás que seguir estes pasos:

PLANIFICACIÓN

  • Debes pensar como será o relato e como queres contalo.

En que época e lugar se vai desenvolver a acción.

Que personaxes intervirán. A relación que existe entre eles.

  • Despois hai que organizar a historia en partes: marco ou presentación, trama ou nó e solución do problema ou desenlace.
  • Finalmente pasaremos a redacción do borrador.

CORRECCIÓN DO BORRADOR

  • Revisa o texto tendo en conta que responda as partes do teu esquema inicial. Fíxate que apareza o problema ao principio e a súa solución ao final.
  • Se hai diálogos ten en conta o uso da raia para introducir as palabras dos personaxes.
  • Revisa a ortografía.

EDICIÓN.

Realizárase  despois de ser correxido o borrador pola profesora.
TEMÁTICA:  Medo,terror, espanto…

Estará escrito en lingua galega ou castelá

Será breve ( máximo dúas páxinas).

Poderá ir acompañado de debuxos alusivos ao tema.

DATA DE ENTREGA

A que indique o profesor/a.

octubre 15, 2014 at 8:31 pm Deja un comentario


Calendario

May 2024
L M X J V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Eventos próximos